Crónica de Anna Magdalena Bach

  • Repertorio
  • DCP
  • VOSE

Crónica de Anna Magdalena Bach

A primeira longametraxe realizada por Jean-Marie Straub e Danièle Huillet presenta unha biografía moi singular de Johann Sebastian Bach. Os documentos, a narración do diario da súa muller e, ante todo, a súa música, interpretada polo gran Gustav Leonhardt e outros músicos vestidos de época, dino todo. Segundo Straub, a idea era crear un filme no que a música fose empregada non como acompañamento nin como comentario, senón como materia estética.

  • Título orixinal: Chronik der Anna Magdalena Bach
  • Ano: 1968
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Guión: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Participación: Gustav Leonhardt, Christiane Lang, Paolo Carlini, Joachim Wolff
  • Montaxe: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Vestiario: Vera Poggioni
  • Son: Louis Hochet, Lucien Moreau, Paul Schöler
  • Música: Johann Sebastian Bach
  • Fotografía: Ugo Piccone
  • Produtora: Franz Seitz Filmproduktion (Alemaña)
  • Distribuidora: Belva Films
British Film Institute Awards 1968 (Trofeo Sutherland), Berlinale 1968 (Nomeado a mellor filme)