A morte de Empédocles
A obra inacabada do poeta romántico alemán Friedrich Hölderlin «Empedokles» conta a historia do filósofo grego e o seu exilio e morte botándose a un volcán en activo. Ler máis
A obra inacabada do poeta romántico alemán Friedrich Hölderlin «Empedokles» conta a historia do filósofo grego e o seu exilio e morte botándose a un volcán en activo. Ler máis
Filme dividido en dúas partes; a primeira en Francia, a segunda en Exipto. Sobre as imaxes da Bretaña, un texto de Engels é lido, describindo a miseria dos campesiños en 1789. Ler máis
Derradeira sesión da retrospectiva a Straub&Huillet con tres obras que combinan imaxes e textos de influentes artistas, escritores e cineastas como André Malraux, Franco Fortini, Friedrich Hölderlin, Elio Vittorini ou Jean Renoir. Ler máis
A primeira longametraxe realizada por Jean-Marie Straub e Danièle Huillet presenta unha biografía moi singular de Johann Sebastian Bach. Os documentos, a narración do diario da súa muller e, ante todo, a súa música, interpretada polo gran Gustav Leonhardt e outros músicos vestidos de época, dino todo. Ler máis
A primeira longametraxe realizada por Jean-Marie Straub e Danièle Huillet presenta unha biografía moi singular de Johann Sebastian Bach. Os documentos, a narración do diario da súa muller e, ante todo, a súa música, interpretada polo gran Gustav Leonhardt e outros músicos vestidos de época, dino todo. Ler máis
Díptico de Straub e Huillet dedicado ao mundo da pintura, a partir da obra de Paul Cézanne e as súas conversas co poeta e crítico de arte Joachim Gasquet. Ler máis
A primera parte transcorre na Antigüidade mítica dos «Diálogos con Leucó», cos actores vestindo túnicas á maneira de «Othon» ou «Moisés e Aarón»; a segunda ten lugar na data de redacción de «La luna y las hogueras», poucos anos despois da guerra, cando o narrador da novela inacabada de Pavese regresa ao seu pobo tras ter feito fortuna lonxe del. Ler máis
Sesión tripla de curtametraxes de Straub&Huillet adaptando textos de Marguerite Duras, Friedrich Hölderlin e as primeiras pezas de D.W. Griffith. Ler máis
Nova escolma de obras breves nas que Straub e Huillet reflexionan a partir de fragmantos dos seus propios filmes e textos de Maurice Barrès e Cesare Pavese. Ler máis
Selección de curtametraxes que dialogan coa obra de Roberto Rossellini, Jean-Jacques Rousseau, Pierre Corneille, Bertolt Brecht, Dante Alighieri e Franz Kafka. Ler máis
O impulso do que agroma esta película é a lectura do panfleto comunista e anti-sionista "Il cani del sinai", escrito polo poeta florentino Franco Fortini pouco despois da guerra dos Seis Días. Ler máis
A partir de encontros con antigos romanos, nárrase como a manipulación política e sobre todo económica da antiga sociedade romana preparou o terreo para o ascenso da ditadura de Julio César. Ler máis
Crónica das difíciles vidas de tres xeracións dunha familia alemá que se reune en Colonia en 1956. Alí rememoran as súas complicadas vidas, desde que os seus fillos foron asasinados na Primeira Guerra Mundial. Adaptación da novela de Heinrich Böll. Ler máis
Adaptación da inacabada ópera bíblica de Arnold Schönberg, sobre o libro do Éxodo. Rodado en Italia e Exipto, o filme mantén a natureza inacabada da ópera orixinal, consistindo o terceiro acto nunha única toma sen música. Ler máis
Durante a edición da terceira versión de «Sicilia!» de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, Pedro Costa roda esta comedia, gravando aos dous directores. Detrás da súa paciencia ao traballar, suave e violenta, os cineastas revelan algunhas ideas sobre o seu filme e a relación entre ambos. Ler máis
Un grupo de superviventes da Segunda Guerra Mundial decide vivir nun pobo abandonado e transformalo nun refuxio lonxe da maldade do mundo. Baseada na novela «Las mujeres de Messina» de Elio Vittorini. Ler máis
Posta en escena da obra de Pierre Corneille «Othon». A traxedia romana é interpretada co tráfico da Roma moderna de fondo. A peza retrata os xogos de poder nos últimos días do mandato de Galba, emperador romano mozo pero feble e avellentado. Ler máis
Karl Rossmann, un mozo burgués alemán de 17 anos é enviado aos Estados Unidos para evitar un escándalo familiar. Adaptación da novela inacabada «América» de Franz Kafka. Ler máis
Catro dos últimos traballos, xa en solitario, de Jean-Marie Straub, que inclúe textos de Michel de Montaigne, Georges Bernanos, Maurice Barrès e un sentido homenaxe á súa compañeira Danièle Huillet, falecida en 2006. Ler máis