Bog nece pomoci / God Will Not Help / Deus non axudará
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE
Bog nece pomoci / God Will Not Help / Deus non axudará
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
A comezos do século XX, Teresa, unha muller chilena, chega a unha remota comunidade de pastores no interior de Dalmacia, afirmando ser a viúva dun irmán emigrado. A súa presenza altera o equilibrio dun mundo regrado e illado, xerando desconfianza e inquedanza, pero tamén unha inesperada inspiración entre as mulleres.
Hana Jušić é unha directora e guionista croata coñecida polo seu enfoque realista e introspectivo. Escribiu e dirixiu varias curtametraxes antes de debutar na longametraxe con Quit staring at my plate (2016), galardoada con máis de trinta premios internacionais. Como guionista, destacou tamén coa serie The last socialist artefact (2021), gañadora do Premio á Mellor Serie en Series Mania e posteriormente emitida por ARTE e Filmin. O seu cinema explora con lucidez as dinámicas familiares, a clase social e as contradicións da identidade contemporánea.
- Título orixinal: Bog nece pomoci
- Ano: 2025
- Duración: 137 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Hana Jušić
- Guión: Hana Jušić
- Elenco: Manuela Martelli, Ana Marija Veselčić, Filip Đurić, Mauro Ercegović Gracin, Nikša Butijer
- Montaxe: Jan Klemsche
- Fotografía: Jana Plećaš
- Produtora: Diana Caravia, Didar Domehri, Ankica Juric Tilic, Ales Pavlin, Hrvoje Pervan, Stefano Sardo, Ada Solomon, Marija Stojanovic, Andrej Stritof, Yorgos Tsourgiannis, Ines Vasiljevic (Croacia)