Días do ceo

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +16
  • VOSE
Pase único 29 de setembro: presentación e coloquio con Alberte Branco

Días do ceo

En 1916, Bill e Abby, unha parella nova, deciden abandonar a pobreza e a dura vida de Chicago. Acompañados de Linda, a irmá de Bill, viaxan ata os grandes campos de trigo de Texas, onde encontran traballo como braceiros nunha granxa. Recollida a colleita, o mozo e aposto patrón, ao que fan crer que os tres son irmáns, pídelles que queden porque namorou de Abby.

A sesión foi programada polo director de fotografía Alberte Branco, que tamén vai ofrecer presentación e coloquio do filme.

  • Título orixinal: Days of heaven
  • Ano: 1978
  • Duración: 94 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Terrence Malick
  • Guión: Terrence Malick
  • Elenco: Richard Gere, Brooke Adams, Sam Shepard, Linda Manz, Robert J. Wilke
  • Montaxe: Billy Weber
  • Dirección de arte: Jack Fisk
  • Vestiario: Patricia Norris, Jerry R. Allen
  • Son: Michael Galloway
  • Música: Ennio Morricone
  • Fotografía: Néstor Almendros
  • Produtora: Paramount Pictures (EEUU)
Óscar 1978 (Mellor fotografía), Globos de Ouro 1978 (Mellor drama e dirección), Cannes 1979 (Mellor director), BAFTA 1979 (Premio Antohony Asquith á mellor música)