El círculo / Memorias de mujeres
- Estrea
El círculo / Memorias de mujeres
- Cineuropa 2016
- Estrea
El círculo
José Pedro Charlo & Aldo Garay | 2008 | Arxentina | Documental | 92 min.
Henry Engler, estudante de medicina e membro do Movemento de Liberación Nacional - Tupamaros, foi detido en 1973 e obrigado a vivir en total illamento durante máis dunha década. O documental inicia coa viaxe que emprende Engler a Uruguai para contarnos a súa vida de reclusión forzosa; non mostra o horror, senón os lugares nos que este se padeceu; e aínda que hai testemuños doutros reféns da ditadura, afóndase máis na experiencia do protagonista e a tolemia que viviu como refén.
Memorias de mujeres
Virginia Martínez | 2005 | Uruguai | Documental | 31 min.
No penal de Punta de Rieles estiveron detidas entre 1973 e 1985, a meirande parte das presas políticas da ditadura cívico–militar uruguaia. Este vídeo tenta reconstruír a vida no penal tal cal é recordada hoxe por algunhas das centos de mulleres que alí viviron e resistiron á pretensión dos militares de destruilas física, psíquica e ideoloxicamente.
- Título orixinal: El círculo / Memorias de mujeres