El muerto y ser feliz
- Repertorio
- VO
Proximamente
El muerto y ser feliz
- Cineuropa 2026
- Repertorio
Santos, un vello sicario español que leva media vida en Arxentina, descobre que está a piques de morrer e abandona o hospital cunha provisión de morfina. Comeza entón unha viaxe cara ao norte atravesando todo o país nunha especie de tranquila peregrinación na que coñece unha muller que se converte na súa compañeira de estrada. Ao longo de dous mil quilómetros, entre paisaxes áridas, encontros inesperados e situacións absurdas, Santos emprende unha fuxida que mestura humor negro, tenrura e reflexións sobre a morte e a liberdade.
- Título orixinal: El muerto y ser feliz
- Ano: 2012
- Duración: 92 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Javier Rebollo
- Guión: Lola Mayo, Javier Rebollo, Salvador Roselli
- Elenco: José Sacristán, Roxana Blanco, Valeria Alonso, Jorge Jellinek, Lisa Caligaris
- Montaxe: Ángel Hernández Zoido
- Fotografía: Santiago Racaj
- Produtora: Lola Mayo, Lluís Miñarro, José Nolla, Damián París, Verónica Cura, Julien Naveau, Jérôme Vidal e Alex Zito
San Sebastián 2012 (Cuncha de prata a mellor actor -José Sacristán- e Premio FIPRESCI)
Goya 2023 (Mellor actor -José Sacristán-)