El retorno: la vida después del ISIS

  • DCP2K
  • +16
  • VOSE

El retorno: la vida después del ISIS

  • DCP2K
  • +16

O acceso exclusivo de Alba Sotorra ao campo de al-Roj no nordeste de Siria amósanos a dura realidade dun grupo de mulleres atrapadas polo seu pasado como membras de ISIS. Shamima Begum (Reino Unido) e Hoda Muthana (EE.UU.) marcharon dos seus países manipuladas pola propaganda terrorista e o odio das redes sociais. O arrepentimento sincero merece unha segunda oportunidade? Pode xustificarse que os países occidentais acepten o retorno dos seus fillos, pero rexeiten que as súas nais podan volver? A directora catalá esfórzase por comprender os matices dunha situación complexa e delicada.

O seguimento de dous anos da vida de Shamina, Hoda, Hafida, Nawal e Kimberly póñennos nun lugar incómodo, pero o seu testemuño fainos entender a crueldade, o abuso e a misoxinia que viviron. A sensibilidade de Sotorra ao observar sen prexuízos pon en evidencia a necesidade urxente de establecer un diálogo honesto e empático entre culturas, relixións, xéneros e cosmovisións diferentes.

  • Título orixinal: El retorno: la vida después del ISIS
  • Ano: 2021
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Alba Sotorra
  • Guión: Júlia Parés, Alba Sotorra Clua
  • Montaxe: Michael Nollet, Xavi Carrasco
  • Son: Jordi Ribas
  • Música: Mehmud Berazi, Josefina Rozenwasser
  • Fotografía: Lara Vilanova, Gris Jordana, Núria Roldós
  • Produtora: Alba Sotorra, Rojava Film Commune
  • Distribuidora: DocsBarcelona Distribution
Docsbarcelona 2021 (Premio do Público, Premio Xurado Novo Reteena)