Filmei paxaros voando
- Estrea
- VO
Filmei paxaros voando
- Cineuropa 2024
- Estrea
Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar. Na súa procura de respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Con todo, é coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor.
- Título orixinal: Filmei paxaros voando
- Ano: 2024
- Duración: 100 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Zeltia Outeiriño
- Guión: Zeltia Outeiriño
- Participación: Socorro González González, Pepe Outeiriño, Antonio Outeiriño, Concha Outeiriño, Marcos Outeiriño González
- Montaxe: Zeltia Outeiriño González, Nuria Mosqueira
- Fotografía: Lucía C. Pan
- Produtora: Silvia Fuentes, Mireia Graell
Seccion oficial Nacional no Festival L’Alternativa Barcelona 2024