Foco Alberte Pagán

  • Estrea
  • HD
  • VO

Foco Alberte Pagán

Noite de rodos

Alberte Pagán | 2017 | Galicia | Experimental | 4 min. | Galego

As imaxes de Noite de rodos proceden do festival Konfrontationen 2014. A música en estéreo foi gravada a noite de rodos de 2016 e 2017 en Pazos de Arenteiro, e a música da canle dereita é da autoría de Polwechsel. Pola banda sonora, primitivismo e vangarda van da mao. Pola banda da imaxe, a manipulación do seu código hexadecimal produce inquietantes e imprevisibles imaxes.

Nyaungshwe

Alberte Pagán | 2016 | Galicia | Experimental | 6 min. | Galego

Descartes d'A Pedra do Lobo. Susa Espinheira proxectada sobre si mesma. Botes navegando o canal de Nyaungshwe (Myanmar) conforman a paisaxe sonora.

Pagán

Alberte Pagán | 2016 | Galicia | Experimental | 7 min. | Galego

Picado cenital en movemento sobre a areosa chaira de Pagán (Bagan, Myanmar) proxectado sobre lousa. A paisaxe sonora está formada polo son dos barcos que viaxan polo río Irauádi (Ayeyarwady) camiño de Pagán.

Gongoriin Bombani Hural

Alberte Pagán | 2016 | Galicia | Experimental | 3 min. | Galego

Dous planos de Mongolia (solar en construción en Ulán Bátor e estepa da Selenge Aimag) proxectados sobre madeira. Noite e día. Urbe e campo. A paisaxe sonora pertence á cerimonia do Gongoriin Bombani Hural, que se celebra no Amarbayasgalant Khiid.

Al

Alberte Pagán | 2016 | Galicia | Experimental | 3 min. | Galego

Al Foster tocando no Café Latino de Ourense proxectado sobre esponxa. Son directo.

Berbera

Alberte Pagán | 2016 | Galicia | Experimental | 2 min. | Galego

Porto de Berbera (Somaliland) proxectado sobre canforeira. Paisaxe sonora: Pwe em Mandalay (Myanmar).

La tierra santa

Alberte Pagán | 2016 | Galicia | Experimental | 9 min. | Galego

Viaxe polo río Irauádi proxectada sobre biblioteca. Na banda sonora escoitamos un artigo de Urbano Ferreiroa sobre Galiza escrito en abril de 1893, poucos días antes da estrea pública do quinetoscopio de Edison.

Τεμενος³ / Témenos

Alberte Pagán | 2017 | Galicia | Experimental | 37 min. | Galego

τεμενος¹: Precinto sagrado. Como a acrópole de Atenas. Valado, estrema que o delimita. Fronteira estrutural.

τεμενος²: Lugar-acontecemento preto da aldea de Lyssarea, na Arcadia, escolleito por Gregory Markopoulos para a proxección da súa obra definitiva Eniaios. Robert Beavers organiza o evento cada catro anos.

τεμενος³: Documentación da peregrinación a τεμενος², desde o Barbanza a Lyssarea e volta. Os tempos e os lugares mistúranse e conviven nun só recinto, o da pantalla. Os bordes da pantalla como límite, como τεμενος¹, como fronteira estrutural dun espazo cadrado onde a actividade mental poder ter lugar. O tempo de Eniaios convértese aquí en espazo, o baleiro do espazo, o espazo como tempo entre as fronteiras do cadro.

Cinco segundos, camiño de ida: montaxe diferida. 125 fotogramas, camiño de volta: montaxe contigua. Ás veces o movemento no espazo rompe a estrita fronteira temporal.

  • Título orixinal: Foco Alberte Pagán
  • Idioma orixinal: Galego