Fóra

  • Repertorio
  • Online
  • VO

Fóra

Fóra é unha indagación sobre as historias ocultas dun lugar: o edificio do hospital psiquiátrico de Conxo. Empregando un dispositivo audiovisual que parte da posta en imaxe do documento, o filme xera unha corrente alterna entre as imaxes da institución e as voces, ligadas aos relatos que abeira o edificio ou á lectura de fragmentos literarios e fontes documentais escollidas pola súa capacidade de resonancia no presente. A Historia de Conxo ―imaxe especular da Historia compostelá― vaise esfarelando en pequenas historias que revelan a necesidade de explorar máis polo miúdo o significado social de determinados espazos reprimidos da memoria urbana.

  • Título orixinal: Fóra
  • Ano: 2012
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas
  • Guión: Pablo Cayuela, María do Cebreiro
  • Montaxe: Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas
  • Son: Carlos Sarille
  • Música: Urro, Faust
  • Fotografía: Pablo Cayuela
CPH:DOX 2012 (Estrea mundial), Play-Doc 2013, Kinomuzeum 2013, DocumentaMadrid 2013, Alcances 2013