Me matan si no trabajo y si trabajo me matan + México, la revolución congelada
- Repertorio
- HD
- VO
Me matan si no trabajo y si trabajo me matan + México, la revolución congelada
- Repertorio
- HD
O 27 de maio sumámonos ao evento internacional "Sembrando a Raymundo" que recorda o cineasta Raymundo Gleyzer no 50 aniversario da súa desaparición a mans da ditadura militar. A sesión inclúe a proxección de dos dos seus documentais máis recordados:
Me matan si no trabajo y si trabajo me matan
Raymundo Gleyzer | Arxentina | 20 min | 1974
Documental sobre a situación dos obreiros metalúrxicos, que a causa do chumbo e as malas condicións de traballo, enfermaban e morrían de saturnismo. Inclúe unha das derradeiras aparicións públicas do deputado Rodolfo Ortega Peña, asasinado polas forzas paramilitares (AAA), días despois de rematado o filme.
México, la revolución congelada
Raymundo Gleyzer | Arxentina | 65 min, 1971
Unha profunda análise da realidade socio-política de México, dentro do contexto histórico da Revolución Mexicana. Inclúe material de arquivo da década de 1910, entrevistas con campesiños, políticos, intelectuais, clase media, sindicalistas, etc. Escenas da vida dunha familia indíxena en Chiapas, os seus rituais relixiosos, os seus cultivos, xuízos e escolas bilingües.
- Título orixinal: Me matan si no trabajo y si trabajo me matan + México, la revolución congelada
- Ano: 1974
- Duración: 85 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Raymundo Gleyzer
- Produtora: Cine de la Base (Arxentina)