Holanola Fest: Giuliana Monteiro
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Holanola Fest: Giuliana Monteiro
- Repertorio
- DCP2K
O Cinema NUMAX colabora un ano máis co Holanola Fest, acollendo tres obras que serán presentadas pola cineasta brasileira Giuliana Monteiro.
Eu não digo adeus, digo até logo
(Giuliana Monteiro | 17 min | Brasil | 2014)
Antonio ten 10 anos e vive en Côrrego do Machado, unha pequena localidade de estrada. Todo o que sabe de seu pai é que conduce un camión 1518 vermello. Un día Antonio ve pasar o camión de seu pai pola aldea, pero a súa nai nega que ese poida ser o seu pai. Antonio tal vez sexa pequeno para entender o que a súa nai tenta dicirlle, pero é maduro de abondo para saír en busca daquilo no que cre.
Mellor Película Iberoamericana – Festival Internacional de Viña del Mar | Generation Berlinale 2014
Sukande Kasáká
(Fred Rahal & Kamikia Kisedje | 20 min | Brasil | 2025)
Rodeado pola expansión do agronegocio, o pobo Khĩsêdjê enfronta unha ameaza invisible que se infiltra na terra, a auga e o aire. Os pesticidas non respectan fronteiras, disolvendo os límites entre as facendas e a Terra Indíxena. A medida que a contaminación avanza, Kamikia e Lewayki enfrontan unha elección imposible: ficar e arriscar a saúde da súa comunidade ou abandonar a súa aldea ancestral.
Maré (Giuliana Monteiro | 11 min | Brasil - Sudáfrica | 2024)
- Título orixinal: Holanola Fest: Giuliana Monteiro
- Duración: 48 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Giuliana Monteiro / Fred Rahal / Kamikia Kisedje
- Produtora: Elefanti Films (Brasil)