Le hussard sur le toit / The Horseman on the Roof / O húsar no tellado
- Repertorio
- VOSE
Proximamente
Le hussard sur le toit / The Horseman on the Roof / O húsar no tellado
- Cineuropa 2026
- Repertorio
En 1832, o oficial italiano Angelo Pardi foxe dos axentes austríacos e chega á Provenza, devastada por unha epidemia de cólera. Acusado inxustamente de envelenar unha fonte, consegue escapar e coñece a Pauline de Théus, unha aristócrata que atravesa a rexión na procura do seu home. Xuntos emprenden unha perigosa viaxe por un territorio marcado pola enfermidade, o medo e a violencia, mentres entre eles nace unha relación.
- Título orixinal: Le hussard sur le toit
- Ano: 1995
- Duración: 124 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jean-Paul Rappeneau
- Guión: Jean-Paul Rappeneau, Nina Companeez, Jean-Claude Carrière. Baseado na novela homónima de Jean Giono
- Elenco: Olivier Martinez, Juliette Binoche, Pierre Arditi, François Cluzet, Jean Yanne
- Montaxe: Noëlle Boisson
- Fotografía: Thierry Arbogast
- Produtora: René Cleitman, Bernard Bouix
César 1996 (Mellor Fotografía e Son)