Intersección | Alejandra Pombo Su
- Os ollos verdes
- DCP 2K
- VOSG
Intersección | Alejandra Pombo Su
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX 2022
- Os ollos verdes
- DCP 2K
LUNS 2 DE MAIO
Sesión dedicada á obra de Alejandra Pombo Su, galardoada co Premio NUMAX Exhibición no Festival Intersección 2021. Presentación e coloquio coa directora.
SPACE JUMPS
2014 | 11:57 |
'Space Jumps' é un conxunto de situacións nas que, a través dunhas accións, sométese á percepción do espectador a un proceso de estrañamento para dar visibilidade a un corpo, que non significa tanto pola súa fisicalidade como pola súa presenza.
HOLD IT
2017 | 16:40 |
A través das imaxes de YouTube, de fragmentos de películas e de testemuñas de artistas como John Maus, Jean Luc Godard, Andre Tarkovski, Nina Simone ou John Cassavetes, vai entretecéndose un discurso sobre a soidade, o amor, a arte ou a liberdade. Todo elo despregándose, cun formato e unha gramática, creando unha linguaxe propia.
MIMIC THIS
2021 | 10:39 |
Nesta peza acontecen unha serie de situacións cun grupo de xente, que a modo de chamada e resposta, intercálanse coa montaxe de material alleo. Esta montaxe non ten a intención de dicir algo en concreto, senón de xerar espazos cargados de potencialidade para que algo novo poda xurdir.
FADE TO BLACK
2021 | 12:03 |
Coma se dunha sorte de desmaio se tratase, dun impasse entre a vixía e a inconsciencia, onde a falta de contexto da conta da incerteza que provoca aquilo que nos podemos localizar. Esta desorientación está intimamente relacionada coa noción de identidade. Somos quen somos porque estamos situados nun lugar. Perder a identidade é como caer nun burato onde todo é posible, como infinitas oportunidades de compromiso co inefable, dándonos acceso a experimentar a realidade coma se a estivéramos a descubrir por primeira vez.
- Título orixinal: Intersección | Alejandra Pombo Su
- Duración: 52 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Alejandra Pombo Su
- Montaxe: Alejandra Pombo Su
- Fotografía: Alejandra Pombo Su