Cineuropa 2021 - Jadde Khakhi / Hit the Road

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2021 - Jadde Khakhi / Hit the Road

Unha familia tan cariñosa como caótica realiza unha viaxe por estrada a través dunha paisaxe accidentada, pero a onde? No asento traseiro, o pai ten unha perna rota, pero realmente está rota? A nai intenta rir cando non está a reprimir as bágoas. O neno está entregado ao seu particular karaoke, con coreografía incluída, no interior do coche. Todos se angustian polo can, que está enfermo, e póñense nerviosos os uns aos outros. Só o misterioso irmán maior permanece calado.

Panah Panahi (Teherán, Irán, 1984)
Estudou Cinema na Universidad das Artes de Teherán. Mentres cursaba os seus estudos dirixiu a súa primeira curtametraxe, coa que participou e gañou premios en numerosos festivais de cinema nacionais e internacionais. Hit the road é a súa primeira longametraxe como director.

  • Título orixinal: Jadde Khakhi
  • Ano: 2021
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Persa
  • Dirección: Panah Panahi
  • Guión: Panah Panahi
  • Elenco: Hassan Madjooni, Pantea Panahiha, Rayan Sarlak, Amin Simiar
  • Montaxe: Amir Etminan, Ashkan Mehri
  • Fotografía: Amin Jaferi
  • Produtora: Mastaneh Mohajer, Jafar Panahi, Panah Panahi
SEMINCI 2021 (Sección Oficial)