La marche des femmes à Hendaye / Les mères espagnoles

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

La marche des femmes à Hendaye / Les mères espagnoles

  • Repertorio
  • DCP2K

La marche des femmes à Hendaye
1975 | Francia | 30′
O 5 de outubro de 1975, un milleiro de mulleres procedentes de toda Francia reuníronse en Hendaya para manifestarse contra a execución de cinco militantes vascos por parte do réxime franquista. Españolas exiliadas falan das súas condicións de vida en Francia e, particularmente, da relacións entre homes e mulleres. A marcha cara a fronteira avanza cunha emotividade acentuada pola beleza dos cantos das mulleres vascas.

Les mères espagnoles
1975 | Francia | 59'
Unhas horas despois da execución de Sánchez Bravo, a súa irmá relata a última noite do condenado. A  nai de Otaegui fala da vida do seu fillo e da derradeira conversa que mantivo con el. A nai de Txiki fala da solidariedade da súa vila, onde vive desde hai once anos, viúva e nai de sete fillos. Denuncia o xuízo «fantasma», as torturas e o asasinato do seu fillo.

Sesión presentada pola cineasta Arantza Santesteban

  • Título orixinal: La marche des femmes à Hendaye / Les mères espagnoles
  • Ano: 1975
  • Duración: 89 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Carole Roussopoulos e Ioana Wieder
  • Distribuidora: Centre Audiovisuel Simone de Beauvoir