Manoliño Nguema
- Estrea
- VO
Manoliño Nguema
- Compostela + solidaria
- Estrea
Marcelo Ndong, un sexaxenario artista africano formado en España, e que agora rexenta unha pequena gardaría en Malabo (Guinea Ecuatorial), recibe unha inesperada proposta. Como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez, o argumento será el. A súa propia vida.
Co apoio de dous dos seus mellores alumnos, Marcelo creará en Malabo unha obra de teatro que será representada en Santiago de Compostela. Unha viaxe persoal e creativa conduciranos desde a Guinea poscolonial e a España franquista, até a actualidade de ambos países, para ir aos poucos descubrindo a través do seu incrible periplo vital como mimo, músico, actor, circense, pero sobre todo migrante, os vivos e até agora pouco coñecidos lazos culturais que unen Guinea Ecuatorial e España.
Filme dentro do ciclo COMPOSTELA +SOLIDARIA.
Entrada gratuíta até completar a capacidade da sala. Retirada de convites na billeteira a partir do venres antes da sesión (máximo 2 por persoa).
- Título orixinal: Manoliño Nguema
- Ano: 2019
- Duración: 85 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Antonio Grunfeld
- Guión: Rocío Cadahía Fernández
- Participación: Marcelo Ndong, Gorsy Edu, Raimundo Bernabé “Ruso”
- Son: Oskar López
- Fotografía: Rodrigo Vázquez “Harry”
- Produtora: Filmika Galaika