Memorias de mujeres / Tupamaros
- Estrea
Memorias de mujeres / Tupamaros
- Cineuropa 2016
- Estrea
Memorias de mujeres
Virginia Martínez | 2005 | Uruguai | Documental | 31 min.
No penal de Punta de Rieles estiveron detidas entre 1973 e 1985, a meirande parte das presas políticas da ditadura cívico–militar uruguaia. Este vídeo tenta reconstruír a vida no penal tal cal é recordada hoxe por algunhas das centos de mulleres que alí viviron e resistiron á pretensión dos militares de destruilas física, psíquica e ideoloxicamente.
Tupamaros
Rainer Hoffmann & Heidi Specogna | 1997 | Uruguai e Alemaña | 95 min.
O filme documenta as reflexións dos tupamaros con imaxes de arquivo, fotos históricas, visitas aos sitios da loita de resistencia que todavía contan con rúas e paredes de Montevideo, pese ao silencio e ao esquecemento. Ser tupamaro é un sentimento máis ca unha definición política, di un dos entrevistados. Sobre ese sentimento é este documental, que mostra xunto a terríbeis realidades da historia, a incríbel beleza de quen non se deixa vencer nin amargar por elas.
- Título orixinal: Memorias de mujeres / Tupamaros