Cineuropa 2021 - Mis hermanos sueñan despiertos

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2021 - Mis hermanos sueñan despiertos

Ángel e o seu irmán Franco levan un ano nun centro de detención xuvenil. Tras un feito violento, xorde entre os prisioneiros a idea de fuxir a través dun motín. Ángel desconfía do plan pero, preocupado pola saúde de Franco, comeza a velo como a súa única saída.

Esta segunda película da directora de orixe mapuche Claudia Huaiquimilla podería caer nos numerosos lugares comúns do subxénero carcerario adolescente, mais non é así. A cineasta prefire poñer o foco na intimidade dos seus protagonistas, ofrecendo un retrato psicolóxico profundo e realista, que contén unha boa morea de contradicións, de momentos de humor e, por suposto, tamén de dor. O resultado é unha película humilde pero intelixente e chea de matices, protagonizada por un elenco de adolescentes cuxas interpretacións son pura autenticidade.

  • Título orixinal: Mis hermanos sueñan despiertos
  • Ano: 2021
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Claudia Huaiquimilla
  • Guión: Claudia Huaiquimilla, Pablo Greene
  • Elenco: Iván Cáceres, César Herrera, Paulina García, Andrew Bargsted
  • Montaxe: Andrea Chignoli
  • Fotografía: Mauro Veloso
  • Produtora: Lanza Verde, Inefable
Guadalajara 2021 (Mellor filme, guión e actor)