Moisés e Aarón + Introdución a «Música de acompañamento para a escena dun filme» de Arnold Schoenberg

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Moisés e Aarón + Introdución a «Música de acompañamento para a escena dun filme» de Arnold Schoenberg

Adaptación da inacabada ópera bíblica de Arnold Schoenberg, sobre o libro do Éxodo. Rodado en Italia e Exipto, o filme mantén a natureza inacabada da ópera orixinal, consistindo o terceiro acto nunha única toma sen música. É unha das tres películas que Straub e Huillet dirixiron baseadas en obras de Schoenberg, canda a curtametraxe coa que se proxecta Moisés e Aarón e De la noche a la mañana (1997).

A sesión completarase coa proxección da curtametraxe Introdución a «Música de acompañamento para a escena dun filme» de Arnold Schoenberg (1972, 15')

*NOTA: A sesión pode ter un subtitulado particular con certas frases ou fragmentos sen subtítulos. Isto non se debe a ningún erro, senón á maneira en que Straub e Huillet querían que se subtitulasen os seus filmes.

  • Título orixinal: Moses und Aron
  • Ano: 1973
  • Duración: 107 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Guión: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub (Ópera: Arnold Schoenberg)
  • Elenco: Günter Reich, Louis Devos, Eva Csapo, Roger Lucas, Richard Salter, Werner Mann, Ladisla Illavsky
  • Montaxe: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Vestiario: Augusta Morelli, Renata Morroni, Maria-Teresa Stefanelli
  • Son: Jeti Grigioni, Louis Hochet, Ernst Neuspiel, Georges Vaglio
  • Música: Arnold Schoenberg
  • Fotografía: Renato Berta, Giovanni Canfarelli Modica, Saverio Diamante, Ugo Piccone
  • Produtora: Österreichischer Rundfunk (Austria)
  • Distribuidora: Belva Films