II Mostra de curtametraxes sociais

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

II Mostra de curtametraxes sociais

  • Estrea
  • DCP2K

La escuelita del Manchón (Antonio Grunfeld Rius, 30', 2018, VO)
El Manchón quedou sen escola, pero Stefany, unha nena de dez anos, ten un soño: quere ser arquitecta e construír para a súa aldea unha escola branca, con fiestras grandes por onde pase o vento. Guatemala é un dos países latinoamericanos que menos inviste en educación, polo que as oportunidades dos nenos, e sobre todo das nenas, das aldeas máis afastadas son escasas. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa da man das súas organizacións locais sociais Asiaprodi, Prodessa e Proyde para promover unha educación de calidade nas comunidades máis empobrecidas do país.

Gaza (Carles Bover Martínez / Julio Pérez del Campo, 18', 2018, VOSE)
Tras a última agresión israelí sobre a Franxa de Gaza, unha vez cesan os bombardeos, a realidade do conflito desaparece dos medios de comunicación. O documental é unha viaxe a Gaza, na que a través de diversas personaxes coñecemos a vulneración de dereitos humanos que sofren diariamente e a situación de bloqueo e posguerra pola que trata de sobrevivir a poboación palestina na Franxa de Gaza. Unha viaxe a través das súas cidades, as súas xentes e tamén, dalgunha maneira, da súa historia baixo a ocupación de Israel.
Mellor curtametraxe documental Goya 2018

No Jungle! (Carmen Menéndez, 20', 2017, VOSE)
Un grupo de refuxiados sirios vive no único campamento improvisado en Calais alén das fronteiras da "Selva", o maior asentamento de refuxiados en Europa sobre o que as ONG denuncian graves violacións dos dereitos humanos nas condicións de vida das persoas. Os seus habitantes, coa esperanza de cruzar a Inglaterra ao mesmo tempo que os seus seres queridos morren no intento, as súas expectativas sobre Europa chocan coa realidade cando as autoridades locais intentan impoñer a "Selva" como a única alternativa.

Meryem (Rever Dosky, 15', 2017, VOSE)
Rodado durante a batalla de Kobani, esta película revela ás mulleres no corazón da loita contra IS. Con perserverancia estoica e coa axuda de ataques aéreos estadounidenses, estas mulleres están liderando a loita pola liberdade.

  • Título orixinal: II Mostra de curtametraxes sociais
  • Duración: 83 minutos
  • Dirección: VV.AA.