Mystery Train
- Repertorio
 - DCP2K
 - TP
 - VOSE
 
Mystery Train
- Nocturama 2019: Jim Jarmusch baixo a influencia
 - Repertorio
 - DCP2K
 - TP
 
A cidade de Memphis é o escenario para as tres historias que conforman este filme, que teñen máis a ver entre si do que semella a simple vista. Lonxe de Yokohama, a primeira, segue a dous mozos xaponeses cuxo soño é visitar Graceland, a casa de Elvis Presley. En Unha pantasma, unha muller italiana doada de convencer vese estancada agardando o avión que os leve de volta a casa, a ela e ao cadáver do seu marido. E en Perdidos no espazo, a terceira, tres homes vense perseguidos pola lei como consecuencia de actos realizados baixo efectos do alcol.
- Título orixinal: Mystery Train
 - Ano: 1989
 - Duración: 85 minutos
 - Idioma orixinal: Inglés
 - Dirección: Jim Jarmusch
 - Guión: Jim Jarmusch
 - Elenco: Masatoshi Nagase, Youki Kudoh, Nicoletta Braschi, Cinqué Lee, Screamin' Jay Hawkins, Elizabeth Bracco, Tom Noonan, Steve Buscemi, Tom Waits, Rick Aviles, Joe Strummer
 - Montaxe: Melody London
 - Dirección de arte: Jeff Butcher, Dianna Freas, Eric Gruber, Takuya Matsuyama, Tom Mittlestadt
 - Vestiario: Carol Wood
 - Son: Robert Hein
 - Música: John Lurie
 - Fotografía: Robby Müller
 - Produtora: JVC Entertainment Networks (EEUU)
 - Distribuidora: Avalon
 
                            Cannes 1989 (Mellor Contribución Artística, Sección Oficial), Independent Spirit 1989 (7 nominacións incluída Mellor Filme)