O delator

  • Repertorio
  • DCP 2K
  • +12
  • VOSE
Pases únicos 3, 12, 16 de agosto

O delator

Irlanda 1922. Traizón entre amigos para un coñecido filme de Ford. Rodada en menos de 3 semanas. No axitado Dublín dos anos vinte, Gypo Nolan, un tipo sen oficio nin beneficio, expulsado do Exército de Liberación Irlandés e con tendencia a empinar o cóbado, soña con viaxar aos Estados Unidos en compañía da súa moza, Katie, que se gañou a vida como prostituta. Animado pola recompensa que ofrecen as autoridades, Gypo delata o paradeiro do activista Frankie McPhillip, un vello amigo e compañeiro.

  • Título orixinal: The Informer
  • Ano: 1935
  • Duración: 91 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: John Ford
  • Guión: Dudley Nichols. Novela: Liam O'Flaherty
  • Elenco: Victor McLaglen, Heather Angel, Preston Foster, Margot Grahame, Wallace Ford, Una O'Connor, Donald Meek, J.M. Kerrigan
  • Produtora: RKO
  • Distribuidora: Classic Films
Oscar 1935 (Mellor dirección, actor, guión e música)