O meu nome é Camba
- Repertorio
- DCP2K
- VO
O meu nome é Camba
- Cineuropa 2025
- Repertorio
- DCP2K
Este documental propón unha viaxe pola vida e a obra de Julio Camba, un dos xornalistas máis populares da primeira metade do século XX. A través da memoria e das voces de biógrafos, xornalistas, intérpretes e amizades, o filme reconstrúe o seu percorrido vital polas cidades nas que viviu e escribiu (Bos Aires, Istambul, Londres, París, Berlín, Roma, Lisboa e Nova York) mentres asistimos ao seu derradeiro baño na habitación 383 do Hotel Palace de Madrid, onde pasou os últimos trece anos da súa vida.
Aser Álvarez é cineasta, xornalista e produtor. Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo, e mestrado polo diario El País, é especialista en comunicación audiovisual. Fundador do Festival de Cinema Carlos Velo e da produtora Arraianos Producións, desenvolve proxectos que combinan creación, investigación e divulgación cultural. O seu primeiro documental, 100 % CEF, con Luis Tosar, foi a súa ópera prima e recibiu numerosos premios nacionais e internacionais. Desde entón dirixiu e produciu programas de televisión, publicidade e documentais, moitos deles centrados nos procesos creativos de artistas e na recuperación da memoria de personaxes esquecidos.
O pase contará con presentación previa a cargo do seu director.
- Título orixinal: O meu nome é Camba
- Ano: 2013
- Duración: 55 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Alfonso Castaño, Emilio Fernández
- Guión: Alfonso Castaño, Emilio Fernández
- Elenco: Emilio Fernández, Miguel Llanderas
- Montaxe: Hitxu Guillán
- Fotografía: Jose Fernández
- Produtora: Javier Collazo, Emilio Fernández (España)