O movimento das coisas

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

O movimento das coisas

Un día de traballo nunha aldea do norte de Portugal. Camiños desertos de vento inquietante. Catro vellas, o campo, o pan, as galiñas. Historias de xestos saboreados en palabras mineralóxicas. Unha familia de dez fillos nunha granxa somérxese na inmensidade do tempo. O pai corta unha árbore. Máis alá, a auga dun río habitado por xente. Unha barca, o sol, a praza da vila, a ponte en construción, o balcón, a comida, a densidade e o misticismo do domingo, a misa e a festa. Nese lugar, Isabel móvese coa mirada posta no futuro. Para os demais, o sentido da vida é só vivir. E o tempo corre entre o amencer e o atardecer.

Este abraiante retrato dunha aldea situada nas beiras do río Limia é a única obra dirixida por Manuela Serra. Unha alfaia do cinema portugués estreada en 1985 que recuperamos en copia restaurada.

  • Título orixinal: O movimento das coisas
  • Ano: 1985
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Manuela Serra
  • Música: José María Branco
  • Fotografía: Gerard Collet
  • Distribuidora: The Stone and the Plot