Cineuropa 2021 - Patrimonio nacional

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2021 - Patrimonio nacional

Segunda entrega da saga dos Leguineche precedida por La Escopeta Nacional e completada con Nacional III. Trala morte de Franco (1975) e a restauración da monarquía, o marqués de Leguineche regresa ao seu palacio de Madrid. Despois de trinta anos de exilio voluntario na súa leira Los Tejadillos, proponse achegarse ao rey para renovar a antiga vida cortesá. Con todo, non lle resulta nada doado acceder á casa real.

  • Título orixinal: Patrimonio nacional
  • Ano: 1981
  • Duración: 112 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Luis García Berlanga
  • Guión: Rafael Azcona, Luis García Berlanga
  • Elenco: Luis Escobar, José Luis López Vázquez, Amparo Soler Leal, Mary Santpere, Luis Ciges, Alfredo Mayo, Syliane Stella
  • Montaxe: Jose Luis Matesanz
  • Fotografía: Carlos Suárez
  • Produtora: Alfredo Matas