O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano

Este proxecto creativo segue o percorrido que realizou coa súa moto o xornalista e escritor Ramón Chao para a elaboración da súa novela Prisciliano de Compostela por diversos lugares de Europa nos anos noventa. Nesta road movie, con banda sonora do seu fillo, Manu Chao, coñecemos os familiares e amigos do autor e descubrimos a mítica figura de Prisciliano, un bispo galaico que morreu decapitado en Tréveris (Alemaña) no século IV por herexe.

 

Aser Álvarez (Celanova). Licenciado en políticas e xornalismo, mestrado de El País e especialista universitario en comunicación audiovisual, traballou en prensa, radio e televisión. Tamén comisariou proxectos expositivos multimedia e editoriais e realizou contidos para televisión e publicidade, cos que obtivo o Mestre Mateo ao Mellor Documental, os premios de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, Xohán Carballeira e o Premio ao Mellor Informativo no I Open Radio do CCCB.

  • Título orixinal: O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
  • Ano: 2023
  • Duración: 63 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Aser Álvarez
  • Guión: Aser Álvarez, Antoine Chao
  • Montaxe: Diego López Curros
  • Fotografía: Diego L. Curros e A.A.G.
  • Produtora: Aser Álvarez