Mesa de debate: A folga de actores e actrices de 1975 + Siete días de enero

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

Mesa de debate: A folga de actores e actrices de 1975 + Siete días de enero

Reconstrución dos tráxicos acontecementos ocorridos en España no mes de xaneiro de 1977: o atentado dun grupo de ultradereita contra un despacho de avogados laboralistas vinculados ao Partido Comunista, no que morreron catro letrados e un administrativo, e quedaron gravemente feridos outros catro avogados. A matanza foi reivindicada pola Triple A (Alianza Apostólica Anticomunista) e formou parte dun intento de desestabilización da recentemente inaugurada democracia española.

O pase irá precedido dunha mesa de debate sobre a folga de actores e actrices de 1975. 

  • Título orixinal: Siete días de enero
  • Ano: 1979
  • Duración: 124 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Juan Antonio Bardem
  • Guión: Juan Antonio Bardem, Gregorio Morán
  • Elenco: Manuel Ángel Egea, Fernando Sánchez Polak, Madeleine Robinson, Virginia Mataix
  • Montaxe: Guillermo S. Maldonado
  • Fotografía: Leopoldo Villaseñor
  • Produtora: Alain Coiffier, Serafín García Trueba