Tempos modernos

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE

Tempos modernos

Extenuado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obreiro metalúrxico remata perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sae e é encarcerado por participar nunha manifestación na que se atopaba por casualidade. Na cadea tamén sen pretendelo axuda a controlar un motín, grazas ao cal queda en liberdade. Unha vez fóra reemprende a loita pola supervivencia na compaña dunha moza orfa á que coñece na rúa.

  • Título orixinal: Modern Times
  • Ano: 1936
  • Duración: 89 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Charles Chaplin
  • Guión: Charles Chaplin
  • Elenco: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan Garcia
  • Montaxe: Charles Chaplin, Willard Nico
  • Dirección de arte: J. Russell Spencer
  • Música: Charles Chaplin
  • Fotografía: Rollie Totheroh, Ira Morgan
  • Produtora: United Artists (Estados Unidos)
  • Distribuidora: Baños Films
National Board of Review 1936 (Top 10 do ano)