The Punk Singer
- Repertorio
- DCP 2K
- VOSE
The Punk Singer
- Blow Up. A música no Cinema
- Repertorio
- DCP 2K
«Impórtame unha merda o que pense a xente. Eu sei o que é real. Non me importa se a xente non cre que o feminismo é importante, porque eu sei que o é. E non me importa se a xente non cre que poda existir a enfermidade de Lyme nunha etapa tardía da vida, porque eu téñoa e outras persoas téñena. E axudámonos uns a outros, sabemos que existe... O meu problema é cando a xente interponse no camiño do feminismo, ou no camiño das persoas que están enfermas, simplemente para sentirse mellor, porque eles realmente nunca o entenderán. E se non cren niso ou non queren preocuparse por iso, paréceme ben, pero deberían manterse fóra do meu camiño».
Coas ideas ben claras maniféstase neste documental Kathleen Hanna, líder de Bikini Kill, Le Tigre ou Julie Ruin, definindo en menos dun minuto o seu modo de encarar a súa existencia e, tamén, o que este filme representa. O proxecto xurdiu cando a cineasta Sini Anderson atopábase recompilando imaxes para outro documental ben distinto, concretamente sobre a experiencia dos concertos en directo de Le Tigre. Hanna, que xa a consideraba entón unha amiga, propúxolle facer un filme sobre a súa vida e a súa traxectoria. Había unha razón decisiva que fixo que Anderson decidira aceptar o proxecto, renunciando ao seu traballo fixo e embarcándose nunha aventura que non sabía como acabaría: ambas sufrían a enfermidade de Lyme.
Se hai algo que esta historia quere recalcar é que Hanna segue sendo un nexo de unión entre todas as mulleres feministas que se moven independentemente no mundo da música, á marxe dos grandes conglomerados, e que a súa enfermidade, a pesar do que representa na súa vida, non é o que a define. Anderson deixa que Hanna conduza o guión da historia, coas súas dúbidas, a súa confusión e os seus medos, poñendo en evidencia o gran paradoxo que se desprende das súas imaxes: Hanna, comprometida co feminismo e o activismo social e político, puido superar todos os embates que saíron ao seu paso mais, porén, chega un momento no que se lle presenta un inimigo -identificado por fin tras cinco anos nos que non sabía que lle pasaba- ao que non pode combater do mesmo xeito.
Texto de Xavier Valiño. Publicado en Los 100 mejores documentales del Rock
- Título orixinal: The Punk Singer
- Ano: 2013
- Duración: 81 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Sini Anderson
- Participación: Kathleen Hanna, Tobi Vail, Corin Tucker, Carrie Brownstein, Joan Jett, Kim Gordon, Adam Horovitz
- Montaxe: Jessica Hernández, Bo Mehrad
- Fotografía: Jennie Jeddry, Moira Morel
- Produtora: IFC Films, Opening Band Films
- Distribuidora: Inèdit