Titanic Ocean
- Estrea
- VOSE
Titanic Ocean
- Cineuropa 2026
- Estrea
Nun universo vibrante e impregnado de cultura pop, un internado xaponés forma adolescentes para converterse en sereas profesionais. Akame, de 17 anos, aprende a conter a respiración, actuar ante multitudes entregadas e nadar entre quenllas. Baixo a súa cola de serea de silicona, descubrirá a súa voz, vivirá o primeiro amor e experimentará unha metamorfose.
Konstantina Kotzamani é unha directora e guionista grega cunha filmografía que destaca pola exploración de universos oníricos, simbólicos e surrealistas. Obras como Washingtonia (2014) e Limbo (2016) recibiron premios da Academia Helénica de Cinema e foron nomeadas aos Premios do Cinema Europeo. O seu filme Electric swan (2019) foi recoñecido pola Asociación Francesa da Crítica como a mellor curtametraxe do ano. En 2024 presentou What Mary didn’t know.
- Título orixinal: Titanic Ocean
- Ano: 2026
- Duración: 130 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Konstantina Kotzamani
- Guión: Konstantina Kotzamani
- Elenco: Arisa Sasaki, Melina Mardini, Haruna Matsui, Masahiro Higashide, Sei Matobu, Kotone Hanase, Hanna Muro, Riku Nakamura, Aki Kigoshi
- Montaxe: Livia Neroutsopoulou, Vincent Tricon, Julie Wuillai
- Fotografía: Raphaël Vandenbussche
- Produtora: Maria Drandaki, Nina Frese, Keisuke Konishi, Hiroto Ogi, Luisa Romeo, Radu Stancu