Un branco, branco día

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Un branco, branco día

  • Estrea
  • DCP2K

Non hai nada máis branco que a perda, ou que un amencer en Islandia, cando a vista só distingue entre o ceo e a terra. Alí Ingimundur, un xefe de policía retirado a quen encarna Ingvar Sigurdsson (Mellor Interpretación Semaine de la Critique) cunha humanidade tan táctica e rochosa como un protagonista de John Ford. Ingimundur comeza a sospeitar que un home local tivo unha aventura coa súa defunta esposa, que morreu nun tráxico accidente dous anos atrás. A súa obsesión por descubrir a verdade remata poñéndoo en perigo a si mesmo e aos seus seres queridos.

A segunda longametraxe de Hlynur Pálmason, ovacionado polo público do Festival de Xixón, demostra con tensión e candor como o amor pode ser máis frío e doloroso que a morte.

  • Título orixinal: Hvítur, Hvítur Dagur
  • Ano: 2019
  • Duración: 109 minutos
  • Idioma orixinal: Islandés
  • Dirección: Hlynur Palmason
  • Guión: Hlynur Palmason
  • Elenco: Ingvar Eggert Sigurdsson, Ída Mekkín Hlynsdóttir, Hilmir Snær Guðnason, Sara Dögg Ásgeirsdóttir, Björn Ingi Hilmarsson, Elma Stefania Agustsdottir, Haraldur Ari Stefánsson, Laufey Elíasdóttir, Sigurður Sigurjónsson, Arnaldur Ernst, Þór Hrafnsson Tulinius, Sverrir Þór Sverrisson
  • Montaxe: Julius Krebs Damsbo
  • Dirección de arte: Árni Jónsson
  • Vestiario: Nina Grønlund
  • Son: Lars Halvorsen, Björn Viktorsson
  • Música: Edmund Finnis
  • Fotografía: Maria von Hausswolff
  • Produtora: Join Motion Pictures, Snowglobe Films (Islandia-Dinamarca)
  • Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Cannes 2019 (Mellor Actor Semaine de la Critique), Montreal 2019 (Mellor Actor), Rotterdam 2018 (Premio ARTE), Xixón 2019 (Sección Oficial), Premios do Cinema Europeo 2019 (Nomeado a Mellor Actor)