
Unha historia verdadeira
- Repertorio
- DCP2K
- TP
- VOSE
-
- VOSE Último pase
Unha historia verdadeira
- In Memoriam
- Repertorio
- DCP2K
- TP
Baseada nun feito real ocorrido en 1994,'Unha historia verdadeira preséntanos a Alvin Straight (Richard Farnsworth), un home de 73 anos que tras enviuvar vive coa súa filla Rose (Sissy Spacek), unha moza discapacitada. O seu estado de saúde non é moi bo: ten problemas de visión, non pode andar ben por culpa da cadeira, sofre un enfisema e ultimamente está sufrindo desmaios estraños.
Cando recibe a nova de que o seu irmán, Lyle (Harry Dean Stanton), co que leva dez anos de inimizade, sufriu un infarto, a pesar do seu precario estado de saúde, decide ir velo a Wisconsin. Para facelo terá que percorrer uns 500 quilómetros, e faino no único medio de transporte do que dispón: unha máquina cortacéspede.
- Título orixinal: The straight story
- Ano: 1999
- Duración: 116 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: David Lynch
- Guión: John Roach, Mary Sweeney
- Elenco: Richard Farnsworth, Sissy Spacek, Harry Dean Stanton, Everett McGill, John Farley, Jane Galloway Heitz, Dan Flannery, Kevin P. Farley, Wiley Harker, Tracey Maloney
- Montaxe: Mary Sweeney
- Dirección de arte: Jack Fisk
- Vestiario: Patricia Norris
- Música: Angelo Badalamenti
- Fotografía: Freddie Francis
- Produtora: Studiocanal, Les Films Alain Sarde, The Picture Factory, Film4 Productions, Asymetrical Production, Ciby 2000
- Distribuidora: Avalon



