Vaca mugiendo entre ruinas

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VO

Vaca mugiendo entre ruinas

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

O 24 de agosto do 1937, o Consello Interprovincial de Asturias e León, máxima autoridade republicana, constitúe en “Consello soberano de goberno de todo o territorio da súa xurisdición, e a el quedan integramente sometidas todas as xurisdicións e organismos civís e militares que funcionan e funcionen no sucesivo dentro do referido territorio”.

Vaca mugiendo entre ruinas achégase a este momento da historia contemporánea de Asturias, a través da testemuña do seu principal responsable, Belarmino Tomás, último presidente lexítimo de Asturias antes do triunfo do fascismo, e dunha colección de "evidencias" (fotografías, debuxos, pinturas, textos xornalísticos...), desde uns meses antes de que se produza a declaración ata a derrota, caída e evacuación de Xixón, o 20 de outubro de 1937.

  • Título orixinal: Vaca mugiendo entre ruinas
  • Ano: 2020
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Ramón Lluís Bande
  • Guión: Ramón Lluís Bande, Vera Robert
  • Participación: Nacho Vegas (voz)
  • Montaxe: Ramón Lluís Bande, Dani Álvarez
  • Son: Oscar de Ávila, Diego S. Staub
  • Fotografía: Juan A. García
  • Produtora: De La Piedra Producciones
Gijón 2020 (Selección oficial a competición-Sección "Albar")