Feitizo de Bulle Ogier

Filmes xa programados

As tolas viaxes de Céline e Julie

Jacques Rivette

Moi preto da tradición dos contos infantís, a película narra as relacións entre a bibliotecaria Julie e Céline, unha descoñecida que atopa nun parque, e como esta introduce á primeira nunha historia, entre a realidade e a fantasía, que se desenvolve nunha gran mansión onde vive un viúvo, a súa filla de 8 anos e dúas mulleres. Ler máis

L'Amour fou

Jacques Rivette

Sébastian é un director de teatro que dirixe unha versión da traxedia grega Andrómaca, de Jean Racine. Durante os ensaios, a relación coa súa muller, que interpreta o papel protagonista, comeza a deteriorarse, sobre todo cando debe reemprazala na obra por unha antiga amante. Ler máis

Le Pont du Nord

Jacques Rivette

Marie acaba de saír de prisión e xa non atura máis vivir entre catro paredes. Mentres camiña por París crúzase con Baptiste, unha moza moi estraña que se converte no seu anxo da garda. Ler máis

Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.