Centenario Rafael Azcona

En carteleira

Ver a programación
Estrea 2 de xaneiro

Plácido

Luis García Berlanga

Nunha pequena cidade de provincias, a unhas burguesas ociosas ocórreselles a idea de organizar unha campaña de Nadal cuxo lema é: "Sente un pobre á súa mesa". Plácido foi contratado para participar co seu motocarro na cabalgata, pero ten un problema que lle impide centrarse no seu traballo: ese mesmo día vence a primeira letra do vehículo, que é o seu único medio de vida. Ler máis

Pase único 20 de xaneiro

A lingua das bolboretas

José Luis Cuerda

Durante a Segunda República, nunha aldea de Galicia, don Gregorio ensina o pequeno Moncho toda a súa sabedoría e coñecementos de literatura, natureza e a vida en xeral. Porén, a ameaza fascista paira sobre a aldea e sinala o progresista don Gregorio. Guión de Azcona a partir de tres relatos de "Que me queres, amor?" de Manuel Rivas. Ler máis