O cine checo dos sesenta. Alén da nova vaga

Filmes xa programados

A todos os meus bos paisanos

Vojtěch Jasný

Unha pequena vila tenta sobrevivir a bruscos cambios políticos entre fascismo e comunismo. Un campesiño, Frantisek, mostrará unha especial determinación a manter a súa independencia, gañándose o respecto do pobo e a inimizade dos dirixentes. Ler máis

Carruaxe a Viena

Karel Kachyňa

Un soldado austríaco asalta a carruaxe dunha campesiña e a forza para levalo a el e ao seu compañeiro ferido ata Viena. A muller busca unha oportunidade de neutralizalos, achegándoos ás tropas soviéticas e aproveitando un descoido para abatelos. Ler máis

Diamantes da noite

Jan Němec

Dous nenos xudeus escapan dun tren que os conduce a un campo de concentración, pero non poderán deixar de correr e ocultarse se desexan sobrevivir. Cos rapaces en constante movemento, Němec asina unha experiencia de corte expresionista e experimental, moi opresiva. Ler máis

Falemos doutra cousa

Věra Chytilová

Un relato cru das vidas de dúas mulleres narradas en paralelo: os adestramentos dunha ximnasta para o seu último campionato e as vicisitudes dunha ama de casa desbordada polas tarefas domésticas, infeliz no seu matrimonio e con fillo conflitivo Ler máis

Ver máis