O cine checo dos sesenta. Alén da nova vaga

En carteleira

Ver a programación
Pase único 4 de febreiro

Os amores dunha loura

Miloš Forman

Andula traballa nunha fábrica de zapatos nunha cidade industrial decadente de Checoslovaquia. A desproporción de mulleres e homes fai difícil atopar parella e o supervisor tenta solucionalo facendo que o exército asista a un gran baile. Ler máis

Pase único 11 de febreiro

Falemos doutra cousa

Věra Chytilová

Un relato cru das vidas de dúas mulleres narradas en paralelo: os adestramentos dunha ximnasta para o seu último campionato e as vicisitudes dunha ama de casa desbordada polas tarefas domésticas, infeliz no seu matrimonio e con fillo conflitivo Ler máis

Pase único 18 de febreiro

Carruaxe a Viena

Karel Kachyňa

Un soldado austríaco asalta a carruaxe dunha campesiña e a forza para levalo a el e ao seu compañeiro ferido ata Viena. A muller busca unha oportunidade de neutralizalos, achegándoos ás tropas soviéticas e aproveitando un descoido para abatelos. Ler máis

Pase único 25 de febreiro

O incinerador de cadáveres

Juraj Herz

O director dun crematorio, claramente trastornado, ten a crenza de que a incineración purifica e alivia o sufrimento terreal. Cun pouco de axuda das autoridades, decide asasinar a aqueles individuos que merecen o descanso eterno. Ler máis