Cinema + 100

En carteleira

Ver a programación
Pase único 13 de abril

Nazarín

Luis Buñuel

En México, a inicios do século XX, o humilde cura Nazario comparte a súa pobreza cos necesitados que habitan o mesón Chanfa. Despois de protexer unha prostituta que provoca un incendio, Nazario vese obrigado a abandonar o lugar. Obra mestra de Buñuel coa que recordamos o gran actor Francisco Rabal (1926 - 2001) no centenario do seu nacemento. Ler máis

Filmes xa programados

A quimera do ouro

Charles Chaplin

Unha das grandes obras de Charles Chaplin, na que interpreta un solitario buscador de ouro que chega a Alaska, a principios de século, na procura de fortuna. Unha forte nevarada levaráo a refuxiarse na cabana dun bandido. Ler máis

As mans de Orlac

Robert Wiene

Orlac, un pianista famoso, perde as dúas mans nun accidente. Os médicos deciden trasplantarlle as mans de Vasseur, un asasino condenado á morte. A operación é un éxito, pero desde ese momento o pianista comeza a verse embargado por impulsos criminais. Ler máis

O home mosca

Fred C. Newmeyer, Sam Taylor

A obra mestra de Harold Lloyd ten como protagonista a un mozo de campo recén chegado á cidade cuxo plan para gañar diñeiro fracasa. Para resolvelo debe escalar un edificio de 12 andares e remata pendurado das agullas dun enorme reloxo. Ler máis

O último

F.W. Murnau

Clásico do cinema mudo alemán protagonizado polo grande Emil Jannings no papel do porteiro dun luxoso hotel que é degradado ao posto de mozo de lavabos. Privado do seu antigo traballo e do uniforme que o identifica, tenta ocultar a súa nova condición, pero a súa vida vaise desintegrado devagar. Ler máis

Ver máis