Curtocircuíto 2019

Filmes xa programados

Curtocircuíto 2019: Filmmakers x Filmmakers 3

Como un espello que se olla a si mesmo, Filmmakers x Filmmakers quere pensar no cinema desde o cinema. As películas domésticas de Rock Hudson é unha compilación de momentos privilexiados de varios vehículos de Hudson que, dunha forma ou doutra, confirman ou negan (e polo tanto serve para reconfirmar) a homosexualidade ocultada a forza do actor Ler máis

Curtocircuíto 2019: Kevin B. Lee ft. Harun Farocki

Harun Farocki (1944-2014) produciu máis de 120 traballos entre películas, televisión e videoarte, pero o seu enorme impacto sobre a paisaxe dos medios de difusión aínda non foi apreciado na súa totalidade. Durante a súa labor como primeiro artista residente do recentemente creado Instituto Harun Farocki en Berlín, Kevin B. Lee produciu unha serie de videoensaios sobre Farocki para o Instituto Goethe. Os videoensaios adoptan a propia estratexia de Farocki de “imaxes estudando imaxes” para explorar a formidable obra do artista, aplicando fórmulas innovadoras como o documental de escritorio (desktop documentary) e a lexicografía videográfica. Ler máis

Ver máis