Curtocircuíto 2019: Púlsar 1 | Laura Huertas Millán

  • Estrea
  • VOSE

Curtocircuíto 2019: Púlsar 1 | Laura Huertas Millán

XOVES 3 DE OUTUBRO |  22:00 | 63 min 00 seg

LABERINTO (O LABIRINTO)
Laura Huertas Millán | 2018 | 21:00 | Francia, Colombia | DOC, EXP | COR

Unha viaxe dentro dos recordos labirínticos dun narrador testemuña do espectacular ascenso e caída dos narcotraficantes da rexión amazónica colombiana. Camiñando polo bosque e as ruínas dunha mansión (unha réplica da desmesurada casa do programa da televisión estadounidense Dynasty), o noso narrador pronto converterase no protagonista do seu propio relato alucinante.

AEQUADOR
Laura Huertas Millán | 2012 | 19:00 | Francia, Colombia | FIC | COR

Un relato de viaxe sen palabras polo río Amazonas atravesando unha paisaxe poboada por construcións modernistas abandonadas, ruínas ou lembranzas dunha utopía do pasado engulida pola natureza. Aequador, documental e ciencia ficción, país á vez ficticio e real, evoca os restos de certas políticas progresistas do século XX nas selvas de América Latina e a súa cohabitación co presente.

JOURNEY TO A LAND OTHERWISE KNOWN (VIAXE EN TERRA OUTRORA CONTADA)
Laura Huertas Millán | 2011 | 23:00 | Francia, Colombia | DOC, FIC | COR

Filmada no Invernadoiro tropical do Xardín Botánico de Lille (Francia), Viaxe en terra outrora contada baséase en relatos de viaxes coloniais europeas, arredor do mito do "descubrimento" de América. Comezando como a sátira dunha película de "primeiro contacto", o filme formaliza unha etnografía surrealista do mal chamado "Novo Mundo".

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2019: Púlsar 1 | Laura Huertas Millán
  • Idioma orixinal: Español