Nocturama 2019: Jim Jarmusch baixo a influencia

En carteleira

Ver a programación

Os amantes da noite

Nicholas Ray

O mozo Bowie escapa de prisión con outros dous presos. Poco despois, os seus compañeiros arrástrano a atracar un banco. Na fuxida atopa o amor e comeza a crer que pode vivir en paz... pero os seus cómplices farano volver ao seu pasado. Ler máis

L'Atalante

Jean Vigo

Jean e Juliette contraen matrimonio e emprenden a súa viaxe de vodas a bordo de L'Atalante, unha barcaza da cal Jean é capitán. Ler máis

Noite na terra

Jim Jarmusch

Filme dividido en historias independentes a través das cales Jim Jarmusch presenta o panorama nocturno de cinco grandes cidades (Los Angeles, Nova York, París, Roma e Helsinki) a través do taxi. Ler máis

Permanent Vacation

Jim Jarmusch

Un mozo chamado Allie pasea por Nova York mentres agarda o intre de iniciar unha viaxe a Europa. Allie é un gran seguidor do saxofonista de jazz Charlie Parker e isto lévao a coñecer xente do ambiente musical. Ler máis

Unha muller baixo a influencia

John Cassavetes

Mabel (Gene Rowlands) é unha muller moi querida polo seu marido, Nick (Peter Falk), e polos seus fillos. Co tempo comeza presentar certa inestabilidade que vai a máis. O seu home, que traballa moitas horas na construción, debe estar pendente da súa muller día e noite. Ler máis

Estraños no paraíso

Jim Jarmusch

Estraños no paraíso conta a historia de Willie, húngaro residente en Nova York, o seu amigo Eddie e a curmá do primeiro Eva, nun novo mundo ubicado na gran cidade. Alí asistimos ao inicio da relación dos protagonistas. Ler máis

Ver máis