Retrospectiva Milagros Mumenthaler: Curtametraxes

  • Repertorio
  • Online
  • VO

Retrospectiva Milagros Mumenthaler: Curtametraxes

¿Cuándo llega papá?
2000 | 12:00 | Arxentina
Tres irmáns agardan a chegada de seu pai. Mentres esperan, pasan o seu día no bar que rexenta o seu veciño, deixándose levar por un imaxinario escuro. Primeiro traballo de Mumenthaler realizado na súa estancia na Universidade do Cine de Buenos Aires e filmado en 16mm.

Cape Cod
2003 | 03:00 | Arxentina / Suíza
Outubro de 1962. Unha casa illada na rexión de Cape Cod. De súpeto, a chegada da luz do amencer desvela un feito terríbel... Premio World Wide no Festival de Estocolmo.

El patio
2003 | 15:00 | Arxentina / Suíza
Martina y Sofía son irmás. Érguense nun día extremadamente caloroso, almorzan no patio e pasan alí o resto do día a ver a tele. As dúas agardan con impaciencia a chamada telefónica da súa nai que vive no estranxeiro... Mellor Curtametraxe no BAFICI e Mención Especial do Xurado Cinema Jove.

Amancay
2006 | 35:00 | Arxentina / Suíza
Unha muller regresa a unha casa do Delta do Tigre onde sucedeu unha traxedia meses atrás. Alí atópase cos seus recordos, desexos e medos. Seleccionada no Festival de Locarno.

Menuet
2012 | 05:00 | Arxentina
Buenos Aires, 1810. Na capital, a revolución está no seu apoxeo, alimentada polas ideas de Rousseau. Mentres tanto, a miles de quilómetros de distancia, no sur del país, unha choiva de cinzas interrompe a viaxe dunha expedición francesa a través da Patagonia. Seleccionada nos festivais de Locarno, BAFICI e Mar del Plata.

En colaboración con Alina Films e Ruda Cine

  • Título orixinal: Retrospectiva Milagros Mumenthaler: Cortometrajes
  • Duración: 70 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Milagros Mumenthaler