A Ciambra
Na pequena comunidade xitana de A Ciambra, en Calabria, Pío Amato está desesperado por medrar axiña. Con 14 anos, fuma, bebe e é dos poucos membros do pobo romaní que se relaciona cos italianos locais e os refuxiados africanos. Ler máis
Na pequena comunidade xitana de A Ciambra, en Calabria, Pío Amato está desesperado por medrar axiña. Con 14 anos, fuma, bebe e é dos poucos membros do pobo romaní que se relaciona cos italianos locais e os refuxiados africanos. Ler máis
Asistimos á historia dunha familia norteamericana que vive en Francia durante o período de posguerra, tras a I Guerra Mundial. A situación do país será o xerme do fascismo que agromará en varios lugares e o benxamín da familia será un dos seus futuros líderes. Ler máis
Ainhoa Mata naceu no seo dunha familia que filmou, gravou e fotografou a súa vida cotiá durante moitos anos. Na adolescencia, comezou a escribir o que non quixo contar a ninguén. Ler máis
Unha viaxe chea de megalomanía e música de piano con Chilly Gonzales: desde a escena punk de Berlín até o rap orquestral. Ler máis
No Portugal do presente, un home, unha muller e a filla de ambos sofren no seu día a día os efectos da crise económica. Ler máis
Tres testemuños de tres persoas vítimas dos crimes franquistas da Guerra Civil no lugar dos feitos, en paralelo aos traballos de busca de foxas comúns nos bosques asturianos. Ler máis
Dúas décadas de vídeos caseiros revélannos a vida de M.I.A., primeiro como refuxiada en Londres fuxindo da guerra en Sri Lanka e logo como estrela nun negocio que non tolera posicionamentos políticos. Ler máis
Aos seus 85 anos, a xuíza do Tribunal Supremo de EEUU, Ruth Bader Ginsbur (RBG ), considerada da ala liberal da Corte do Supremo, desenvolveu un longo legado e converteuse nunha icona inesperada da cultura pop. Ler máis
Un filme sobre Oscar Masotta, teórico fundamental das vangardas arxentinas dos anos cincuenta e sesenta, cuxas ideas sobre a psicanálise, a política e a arte lacaniana mudaron a escena artística en Buenos Aires, antes da chegada da ditadura e a fin das vangardas. Ler máis
Os estudantes Saeed e Milad deciden deixar a cidade de Damasco e poñen rumbo a Douma, un suburbio que está baixo o control dos rebeldes. Ler máis
Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian o masculinizada e violenta que segue a ser a rúa hoxe en día. Ler máis
Líbano, montañas entre vales, catro ou cinco animais de curral e unha casa con dúas mulleres: Yara, adolescente orfa da guerra, e a súa avoa. Ler máis
Poti, Nais, Ione e Das son xente nova que decidiu vivir baixo os seus propios termos. Mentres a sociedade os empurra a abandonar as súas aspiracións, cada un debe revisar a súa identidade a través do diálogo. Ler máis