A Ciambra

  • DCP2K
  • VOSE

A Ciambra

Na pequena comunidade xitana de A Ciambra, en Calabria, Pío Amato está desesperado por medrar axiña. Con 14 anos, fuma, bebe e é dos poucos membros do pobo romaní que se relaciona cos italianos locais e os refuxiados africanos. Pío, que segue a todas partes ao seu irmán maior Cosimo para aprender todas as habilidades necesarias para vivir nas rúas da súa cidade, ve como o seu mundo empeza a derrubarse cando Cosimo desaparece. É aí cando Pío cre estar listo para se poñer no lugar de seu irmán, mais debe tomar unha decisión moi complicada que demostrará se está listo para se converter nun home.

  • Título orixinal: A Ciambra
  • Ano: 2017
  • Duración: 113 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Jonas Carpignano
  • Guión: Jonas Carpignano
  • Elenco: Pio Amato, Koudous Seihon, Damiano Amato, Iolanda Amato, Patrizia Amato, Susanna Amato, Francesco Pio Amato, Rocco Amato
  • Montaxe: Affonso Gonçalves
  • Vestiario: Isabella Torre
  • Son: Julien Perez
  • Música: Dan Romer, Meghan Kozlosky
  • Fotografía: Tim Curtin
Cannes 2017 (Premio Europa Cinemas), Sevilla 2017 (Mellor actor), David di Donatello 2017 (Mellor dirección e montaxe e sete nominacións)