Praia ou piscina

Filmes xa programados

La ciénaga

Lucrecia Martel

Dúas familias —unha de clase media urbana e outra de produtores rurais en decadencia— entrecrúzanse no sopor de provincias dunha Salta caótica e inmutable, onde nada sucede pero todo está a piques de estoupar. Ler máis

O nadador

Frank Perry, Sydney Pollack

Ned Merril vive nunha zona residencial de clase alta das aforas de Connecticut. Un día, Ned decátase de que todo o val onde vive está cheo de piscinas privadas. Ante o abraio dos seus amigos, Ned decide percorrer o val de piscina en piscina até chegar á súa casa. Polo camiño, atopa a varias das mulleres que fixeron parte da súa vida. Ler máis

O verán de Kikujiro

Takeshi Kitano

Masao é un neno de nove anos ao que lle toca pasar as vacacións de verán coa súa avoa mentres todos os seus amigos marcharon á praia. O aburrimento de Masao é tal que se lle ocorre a idea de buscar a súa nai, á que nunca viu. Ler máis

Ostende

Laura Citarella

Unha muller gaña un concurso. O premio: catro días de vacacións nun hotel de Ostende, cidade balnearia fóra de tempada. A partir de alí ábrense dous camiños: por unha banda, o do lecer, pola outra a da intriga Ler máis

Ver máis