O verán de Kikujiro

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Máis sesións

O verán de Kikujiro

Masao é un neno de nove anos ao que lle toca pasar as vacacións de verán coa súa avoa mentres todos os seus amigos marcharon á praia. O aburrimento de Masao é tal que se lle ocorre a idea buscar a súa nai, á que nunca viu. Con moi pouco diñeiro e cunha fotografía e un enderezo como únicas referenzas, o plan parece condenado ao fracaso. Unha amiga da súa avoa propón que o seu marido acompañe a Masao. O problema é que Kikujio, un antigo yakuza, non parece a compañía máis recomendable para un neno.

  • Título orixinal: Kikujiro no natsu
  • Ano: 1999
  • Duración: 121 minutos
  • Idioma orixinal: Xaponés
  • Dirección: Takeshi Kitano
  • Guión: Takeshi Kitano
  • Elenco: Takeshi Kitano, Yusuke Sekiguchi, Kayoko Kishimoto, Kazuko Yoshikuyi, Great Gidayu, Yuko Daike
  • Montaxe: Takeshi Kitano, Yoshinori Ohta
  • Dirección de arte: Norihiro Isoda
  • Vestiario: Fumio Iwasaki
  • Son: Senji Horiuchi, Akira Nakano
  • Música: Joe Hisaishi
  • Fotografía: Katsumi Yanagishima
  • Produtora: Bandai Visual, Tokio FM, Nippon Herald, Office Kitano (Xapón)
  • Distribuidora: Penteo Films
Cannes 1999 (Sección Oficiaol), SEMINCI 1999 (Mellor Actor, Premio FIPRESCI)