20.000 especies de abejas

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VO

20.000 especies de abejas

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

Cocó, de oito anos, non encaixa nas expectativas do resto e non entende por que. Todos ao seu arredor insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na mirada dos demais.

A súa nai Ane, (Patricia López Arnaiz), sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde reside a súa nai Lita (Itziar Lazkano) e a súa tía Lourdes (Ane Gabarain), estreitamente ligada á cría de abellas e á produción de mel.

Este verán que cambiará as súas vidas obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e temores. E sobre todo, a Ane a por fin ser honesta consiga mesma.

  • Título orixinal: 20.000 especies de abejas
  • Ano: 2023
  • Duración: 129 minutos
  • Idioma orixinal: Español, Euskaro e Francés
  • Dirección: Estibaliz Urresola Solaguren
  • Guión: Estibaliz Urresola Solaguren
  • Elenco: Patricia López Arnaiz, Ane Gabaraín, Miguel Garcés, Itziar Lazkano, Martxelo Rubio, Sara Cózar
  • Montaxe: Raúl Barreras
  • Dirección de arte: Izaskun Urkijo
  • Vestiario: Nerea Torrijos
  • Son: Koldo Corella
  • Fotografía: Gina Ferrer
  • Produtora: Gariza Films e Inicia Films
  • Distribuidora: BTeam
Berlinale 2023 (Oso de prata á mellor interpretación protagonista: Sofía Otero)