Cineuropa 2021 - 9
- Estrea
- DCP2K
- VO
Cineuropa 2021 - 9
- Cineuropa 2021
- Estrea
- DCP2K
Christian é un xogador moi noviño que se ve a si mesmo como unha gran figura no fútbol mundial. Vive illado, nun ambiente luxoso e solitario, asediado por fanáticos, presionado polos medios de comunicación e obrigado a cumprir os compromisos asumidos polo seu pai, quen actúa como o seu representante. Por primeira vez Christian sente a necesidade de fuxir.
Nicolás Branca (Montevideo, Uruguai). A súa primeira curtametraxe, Las nuevas aventuras de Tom y Jerry (2005) obtivo o premio á mellor curta experimental no Festival de Cinema e Vídeo Latinoamericano de Bos Aires. En 2008 fundou, xunto a Martín Barrenechea e Álvaro Buela, a compañía AutoCine Films, coa que produciu Amor robot, a súa primeira longametraxe.
Martín Barrenechea (Montevideo, Uruguai). Guionista, produtor, director de fotografía e cineasta, codirixiu en 2008 La Deriva, xunto a Matías Singer, Pablo Montes e Álvaro Buela. É un dos fundadores da compañía AutoCine Films, onde desenvolve os seus propios proxectos.
- Título orixinal: 9
- Ano: 2021
- Duración: 105 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Martín Barrenechea, Nicolás Branca
- Guión: Martín Barrenechea, Nicolás Branca
- Elenco: Enzo Vogrincic, Rafael Spregelburd, Sofía Lara Morales
- Montaxe: Anabela Lattanzio
- Fotografía: Matías Lasarte
- Produtora: Virginia Hinze, Daniel Pensa, Miguel Ángel Rocca, Lucía Gaviglio Salkind