A beleza da vida

  • Estrea
  • DCP2K
  • +6
  • VE

A beleza da vida

Prepárate para viaxar ao pasado e ao presente de China a través desta deliciosa obra coral composta por sete historias de animación con entrañables protagonistas, coma unha familia de coellos, un neno que fai os deberes no restaurante dos seus pais ou unha avoa e o seu neto que viven no campo. Historias únicas de amor, crecemento e retos vitais narradas con fantásticas técnicas de animación que van desde a acuarela, a pintar con tinta ou o collage.

Un filme máxico e único que nos recorda que sempre é mellor ver o bo lado da vida.

  • Título orixinal: To the bright side
  • Ano: 2021
  • Duración: 83 minutos
  • Idioma orixinal: Chinés
  • Dirección: VVAA
  • Fotografía: Animación
  • Distribuidora: Rita & Luca